hadal
hadal
-
adx
[MAR/XEOL]
Relativo ou pertencente ás grandes profundidades oceánicas.
-
rexión hadal
[MAR]
Área das profundidades oceánicas que se corresponde coas fosas oceánicas ou trincheiras que sobrepasan os 6.000 m de profundidade e posúe características constantes todo o ano, augas extremadamente frías e escuras na súa totalidade. A biomasa é escasa e está constituída fundamentalmente por bacterias quimiosintéticas, peixes abisais, cefálopodos e crustáceos.