Hades

Hades
[MIT]

Deus dos mortos, fillo de Cronos e Rea, e irmán de Zeus, Posidón, Hera, Hestia e Deméter. Os cíclopes armárono cun casco que o volvía invisible. Trala vitoria sobre os titáns, repartiu o Universo xunto con Zeus (Ceo) e Posidón (Mar) e a el tocáronlle os Infernos, o Tártaro, onde reinaba coa súa sobriña Perséfone. Esta rexión do mundo subterráneo, que levaba o seu nome, estaba habitada por todos os mortos bos e malos, que eran castigados cruelmente se tentaban regresar á Terra.

Palabras veciñas

Hadano | Hadda | hades | Hades | Hadfield, Robert Abbot | hadī * | Hadid, Zaha