Haff, enfermidade de

Haff, enfermidade de
[PAT]

Desorde gastrointestinal producida por unha substancia antitiamínica (antivitamina B1), presente nas vísceras dos peixes, relacionado coa inxesta das vísceras ou polo consumo de peixe mal cociñado. Son coñecidos os casos procucidos por unha especie do Báltico e de Canadá (Ictiobus cyprinellus). O máis característico desta enfermidade é a rabdomiólise ou destrución do músculo esquelético. Identificouse en Europa en 1924.