haitiano -na
(< topónimo Haití)
-
adx
Relativo ou pertencente a Haití ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Haití.
-
arte haitiana
[ARTE]
Arte desenvolvida en Haití. A partir da consolidación da independencia, a principios do s XIX xurdiu unha recoñecida escola pictórica naif, na que destacou Pétion Savaín. O pintor estadounidense Dewitt Peters fundou en Port-au-Prince o Centre d’Art que revelou a Hector Hipollyte ou Wilson Bigaud. Entre os escultores destacou Georges Liautaud. En 1982 a UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade o Parque Nacional Histórico de Cidadela, Sans Souci e Ramiers.
-
música haitiana
[MÚS]
Arte musical cultivada en Haití. Durante o dominio francés a actividade músical estivo vinculada á ópera francesa. Paralelamente, a poboación negra conservou elementos africanos e empregounos para o rito do culto vodú. Modernamente algunhas composicións conservaron música de influencia occidental, como Ludovic Lamothe (1882) ou Justin Élise (1883-1931).