Hakea
Hakea
[PLANTA]
Xénero de plantas pertencente á familia das proteáceas, que se caracteriza porque os órganos masculinos da flor maduran antes que os femininos. É arbustiva e ornamental. Orixinaria de Australia está distribuída, maiormente, polas zonas secas de Australia e Sudáfrica. Os exemplares máis coñecidos son Hakea laurina e Hakea sericea.