Halicarnaso
Halicarnaso
Antiga cidade e porto da rexión de Caria (Asia Menor), actual Bodrum. Colonizada polos dorios (1000? a C) e dominada polos persas desde o s VI a C, foi conquistada por Alexandre o Grande no 333 a C e pertenceu á Liga Délica. Entrou en decadencia durante a época ptolemaica e do Imperio Romano. A cidade fíxose famosa cando o sátrapa Mausolo (377 a C-353 a C) construíu o famoso monumento funerario que leva o seu nome, o Mausoleo.