Hankou

Hankou

Antiga cidade de China, integrada na aglomeración urbana de Wuhan, no sheng de Hubei, rexión do Centro-Sur. Situada na beira esquerda do Hanshui, tributario de Iang-Tsé, é a máis grande das tres cidades da conurbación de Wuhan. Foi unha das primeiras cidades chinesas abertas ao comercio exterior (1861). A súa industria siderometalúrxica convértea no segundo foco industrial do país; produce metal, maquinaria, ferramentas, maquinaria pesada, vagóns de tren e camións.