haploidía

haploidía

(< haploide)

s f [XEN]

Calidade do organismo ou da célula que posúe unha dotación cromosómica formada por unha soa serie de (n) cromosomas. En xeral presentan haploidía os gametos e tamén algúns protozoos, as células somáticas do gametófito dos vexetais con alternancia de xeracións, as esporas que orixinan e as especies que se desenvolven por partenoxénese.