happening*

happening*
s m [ESPECT]

Xénero teatral que se caracteriza pola ruptura das convencións escénicas que afectan á interpretación, á comunicación co público, ao soporte textual ou ao espazo escénico, normalmente baseado na presentación de obxectos, personaxes ou accións sen un guión, implícito ou explícito, e mesturando moi diversas linguaxes e medios de expresión. As primeiras propostas nesta dirección sitúanse nas primeiras vangardas europeas do século XX, particularmente en relación cos movementos futurista e dadaísta. A súa historia comezou en 1959 cando Allan Krapov presentou en Nova York 18 Happenings in 6 parts, e tivo un amplo desenvolvemento nos anos 60 e 70 en América e Europa, influíndo a experimentación e a investigación teatral relacionada coas novas tendencias escénicas, sobre todo nas creacións de directores como Robert Wilson, Richard Foreman ou o grupo catalán La Fura dels Baus.

Palabras veciñas

haplóstico -ca | haplóstomo -ma | haplotipo | happening* | hapt(o)- | hapteno | hapterio