hard-edge*

hard-edge*
s m [PINT]

Corrente pictórica caracterizada polo preciosismo e a pulcritude do contorno da forma, aínda que non sexa xeométrica ou irregular, no que se establece un contraste entre a masa e a cor. Xurdiu como reacción á espontaneidade e emotividade do expresionismo abstracto e enfatiza o lado intelectual e intencionado da pintura. Esta expresión foi acuñada en 1959 polo crítico Jules Langsner. Dos seus representantes destacan Ellsworth Kelly, Ray Parker, Jack Youngerman e Frank Stella.