Heaviside, capa de
Heaviside, capa de
Capa superior ionizada da atmosfera, situada entre os 80 e os 120 km de altitude. É a principal compoñente da ionosfera. As ondas radioeléctricas de frecuencia menor de 6 MHz que chegan a esta capa son reflectidas outra vez cara á Terra, propiedade na que se basean as transmisións de radio a longa distancia. A existencia desta capa foi postulada por Heaviside e, independentemente, por A.E.Kennelly. Tamén recibe o nome de capa E ou capa Kennelly-Heaviside.