Hebe
Hebe
[MIT]
Deusa da xuventude, filla de Zeus e Hera. Exerce as funcións de criada no Olimpo; serve o néctar e a ambrosía, axuda a Hera a enganchar o carro, prepara o baño e viste a seu irmán Ares. Nunha ocasión Hebe tropezou e tirou no chan o néctar, daquela, Zeus raptou a Ganimedes e nomeuno copeiro do Olimpo. Cando Heracles se reconciliou con Hera e foi aceptado na morada dos deuses, concedéronlle a man de Hebe, coa que tivo a Alexiares e a Aniceto. Este casamento simboliza para os deuses a súa entrada na xuventude eterna das divindades.