hedra

hedra

(

  1. s f [PLANTA]

    Planta arbustiva gabeadora que se fixa con firmeza ao substrato mediante raiciñas adventicias que emite a tal efecto, para adherirse ás árbores, rochas e paredes. Presenta talo leñoso, follas pubescentes lixeiramente coriáceas e fototropismo negativo. Os ramos floríferos terminais teñen fototropismo positivo, con follas enteiras, ovais ou elípticas distintas das ramas estériles, por un fenómeno de heterofilia. O extremo das ramas fértiles non posúen raíces adventicias e dispoñen de pequenas flores dispostas en umbelas hemisféricas amarelo-verdosas que aparecen no outono. Cada flor componse de 5 pétalos e 5 estames. A polinización é anemófila ou autopolinización que favorece a frutificación na primavera. Precisa solos ricos, húmidos e arxilosos. Orixinaria de Europa é moi apreciada en xardinería.

    Sinónimos: hedreira.
  2. s f

    variz.

  3. hedriña das paredes [PLANTA]

    Planta perenne, rastreira e gabeadora. Presenta follas lobuladas e alternas, sen pubescencias. O talo pode alcanzar os 70 cm; as flores son axilares e illadas e cunha coloración que vai desde o branco ao púrpura; e posúe froito en forma de casulo. Habita en muros, rochas e beirarrúas. A pesar de considerala planta invasora, úsase en xardinería.

Palabras veciñas

hedonismo | hedonista | hedonístico -ca | hedra | Hedrada, A | hedreira | Hedreira