Heilongjiang
Heilongjiang
Sheng de China (453.300 km2; 36.890.000 h [2000]). A capital é Harbin. Está situado ao NL do país, na antiga Manchuria. O clima é continental. Nas zonas montañosas do SL e o NO dominan os bosques. A parte L e NL e os vales do Amur e do Songhua Jiang están dedicados aos cultivos (trigo, arroz e soia). Hai carbón preto de Jiamusi e Kisi, ouro ao N e petróleo e refinerías en Dajing.