heládico -ca
heládico -ca
(< topónimo Hélade)
-
adx
Relativo ou pertencente á cultura heládica.
-
cultura heládica
[PREHIST]
Cultura prehistórica que se desenvolveu no territorio grego continental durante a Idade do Bronce. A súa periodización máis aceptada distingue tres etapas: heládico antigo (2500 - 1990 a C), heládico medio (1990 - 1550 a C) e heládico recente (1550 - 1100 a C).