helicina
helicina
-
s
f
[QUÍM]
Glicósido obtido por oxidación da salicina con ácido nítrico diluído. Forma compostos coa urea, a tiourea e certos aminoácidos.
-
s
f
[QUÍM]
Substancia obtida da mucilaxe dos caracois. Se se mestura con azucre obtense unha pasta peitoral que se emprega en medicina alternativa nas doenzas pulmonares. Tamén se lle outorgan poderes de reconstrución dos tecidos e da mucosa gástrica.