heliómetro
heliómetro
(< helio- + metro)
s
m
[ASTRON]
Instrumento inventado por P. Bourguer para medir o diámetro aparente dalgúns corpos celestes (Sol, Lúa, planetas) e as distancias angulares entre dous astros calquera, cando estes son pequenos. Componse dunha lente que ten o obxectivo partido diametralmente e montado de forma que unha das súas metades pode deslizarse en relación á outra ao longo dese diámetro.