helvecio -cia
helvecio -cia
(< Helvetĭu)
-
adx e s
helvético.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo helvecio.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo celta instalado no s I a C entre Suíza e Alemaña. En 58 a C tentaron establecerse na Galia occidental, pero César obrigounos a recuar, e fundou colonias que serviron como marcas militares. Despois da división administrativa de Augusto, esta rexión foi incorporada á Galia Bélxica. Cara a 260, a presión dos pobos xermánicos obrigounos a refuxiarse nas montañas.