hematoma

hematoma

(

  1. s m [PAT]

    Retención de sangue no interior dos tecidos ou dunha cavidade orgánica. Normalmente é de orixe traumática.

    Confrontacións: mazadura, negrón.
  2. hematoma auris [PAT]

    Extravasación do sangue no pericondrio da orella.

  3. hematoma dixital paroxístico [PAT]

    Hematoma que aparece nun dedo espontaneamente ou despois dun esforzo. Está causado pola rotura dunha vénula dixital.

  4. hematoma epidural/extradural [PAT]

    Hematoma localizado entre a duramáter e o periósteo. Aparece despois da rotura da arteria menínxea media ou unha das súas ramas. O hematoma, a medida que aumenta o volume, vai comprimindo o cerebro, de xeito que o enfermo, despois dalgunhas horas de recuperarse do traumatismo, volve presentar trastornos neurolóxicos que, rapidamente, poden levar ao coma e á morte.

  5. hematoma intracerebral [PAT]

    Hematoma producido por un derramamento de sangue desde o cerebro, habitualmente por ruptura dun aneurisma ou dunha malformación arterial.

  6. hematoma subdural [PAT]

    Hematoma situado entre a duramáter e a codia cerebral. Pode ser agudo ou crónico; neste último caso, os síntomas e os sinais aparecen despois de semanas ou meses de terse producido o traumatismo ou a lesión cefálica.