hemiacetal

hemiacetal

(< hemi- + acetal)

s m [QUÍM]

Enlace que resulta da adición dun grupo hidroxílico ao dobre enlace C=O dunha función aldehídica ou cetónica. Nos azucres, este enlace dáse de forma intramolecular a causa da curvatura da molécula, e o resultado é a formación dun anel cun átomo de osíxeno. Este anel pode ser pentagonal (furanosa) ou hexagonal (piranosa). A formación do anel crea un novo átomo de C asimétrico que dá dúas formas diferentes, α e β (segundo a posición do novo hidroxilo), que se intercambian facilmente pasando pola forma aberta (mutarrotación).

Palabras veciñas

hemeroteca | Hemessen, Jan Sanders van | hemi- | hemiacetal | hemialxia | hemianopsia | hemibalismo