hemimorfita

hemimorfita
s f [MINERAL]

Silicato de cinc hidratado, de fómula Zn4 (OH)2Si2O7·H2O. Pertence á subclase dos sorosilicatos e cristaliza no sistema rómbico. É de cor branca con tonalidades azuis ou verdosas. Ten unha dureza de 5 e unha densidade de 3,4 a 3,5. É intensamente piroeléctrica e piezoeléctrica, e emprégase coma mena secundaria do cinc.