hemión
hemión
Nome científico:
[Equus hemionus, Fam dos équidos]
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da orde dos perisodáctilos, duns 2,5 m de longo, dos que 40 cm corresponden á cola. É semellante ao asno, do que se diferenza polo feito de ter as orellas máis curtas. A súa pelaxe e de cor amarela e presenta unha faixa lonxitudinal negra no dorso. Vive en mandas guiadas por un macho duns catro ou cinco anos. Atópase nalgunhas rexións de Mongolia central.