hemorraxia
hemorraxia
(
s
f
[PAT]
Saída de sangue, máis ou menos abundante, fóra dos vasos que o conteñen a consecuencia dun traumatismo ou de trastornos da coagulación. Segundo o tipo de vasos lesionados polo traumatismo, a hemorraxia é arterial (sangue vermello), venosa (sangue de cor escura) e capilar (puntos vermellos). É externa cando o sangue sae do corpo a través dunha apertura natural ou pola ruptura da pel, e interna cando o sangue flúe no interior dunha cavidade ou tecido. Segundo a súa localización algunhas hemorraxias reciben nomes específicos; así, denomínase hemoptise á broncopulmonar ou epistaxe á nasal. Pola súa presentación pode ser aguda, con perigo de chegar a un estado de choque, ou crónica, que pode dar lugar á aparición dun estado de anemia.