1 hepático
1 hepático
(< lat hepatĭcu < gr ἡπατικός‘relativo ó fígado’)
-
-
adx
Relativo ou pertencente ao fígado.
-
arteria hepática
[ANAT]
Unha das tres ramas do tronco celíaco que penetra no fígado e está destinada á irrigación desta víscera. Proporciona arterias colaterais, como a gastroduodenal, pilórica e cística, e dúas terminais, a hepática dereita e a hepática esquerda, que regan, respectivamente, as metades dereita e esquerda do fígado.
-
adx
-
adx e s
[PAT]
Aplícase a quen padece do fígado.