hepiálido -da

hepiálido -da

(< lat científico Hepialus, xénero de insectos)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos hepiálidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos hepiálidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, homoneuras, de antenas curtas e espiritrompa reducida. Atópanse en rexións frías e temperadas.

Palabras veciñas

hepatotoxina | Hepburn, Audrey | Hepburn, Katherine | hepiálido -da | hept(a)- | hepta- | heptacordo