heptathlón

heptathlón

(< hepta- + -athlon, depentathlón)

s m [DEP]

Proba combinada de atletismo, reservada nas competicións oficiais para as mulleres, que comprende sete disciplinas: 100 m valados, salto de altura, lanzamento de peso, 200 m libres, salto de lonxitude, lanzamento de xavelina e 800 m. Celebrouse por primeira vez nos Xogos Olímpicos de Toquio (1964), e en Los Angeles (1984) quedou configurado o conxunto de probas actual.

Palabras veciñas

Heptarquía | heptasílabo | Heptateuco | heptathlón | heptatónico -ca | hepteno | heptileno