Hércules
Hércules
[ONOM]
Antropónimo masculino que procede do latín Hercules, equivalente ao grego Ἠ ρακλ ῆ ς ‘Heracles’. Posiblemente derive de hercer ‘pechar’, relacionado coa súa antiga función de defensa da propiedade. A forma grega chegou a través do latín e neste paso experimentou un cambio acentual.