Hércules de Ediciones
Hércules de Ediciones
Grupo editorial fundado na Coruña en 1985 e presidido por Francisco Rodríguez Iglesias. Está formado por Hércules de Edicións en Galicia, Hércules Astur de Ediciones en Asturias, Publicaciones Comunitarias en Andalucía e mais a Fundación Rodríguez Iglesias, establecida en 1997. O seu labor fundamental céntrase na difusión do Proxecto Galicia, conformado por 50 tomos que atenden as áreas de historia, xeografía, cartografía, antropoloxía, literatura, arte e natureza.