Heredeiros da Crus

Heredeiros da Crus
[MÚS]

Grupo de rock galego que se deu a coñecer polas súas colaboracións no programa da TVG Xabarín Club. Destacan os seus discos A Cuadrilla de Pepa a Loba (1992), Está que te cajas (1995), Erecsiones Munisipales (1999), o directo All right Chicago (gravado na festa da Dorna de Ribeira, 2000) e Recambios Tucho (2001).