herexía
(< herexe)
-
s
f
[RELIX]
Doutrina ou sistema teolóxico rexeitado por consideralo falso a autoridade eclesiástica. Entre as numerosas herexías coas que se enfrontou o cristianismo durante os primeiros séculos, hai que destacar o docetismo, o marcionismo, o montanismo, o adopcionismo, o sabelianismo, o arianismo, o apolinarismo, o nestorianismo, o monofisismo, o donatismo, o pelaxianismo e o gnosticismo. A persecución e represión violenta das doutrinas consideradas heréticas, dos heresiarcas e dos herexes, converteuse nunha práctica habitual desde o momento en que o cristianismo se converteu en relixión oficial do Imperio Romano. No s XIII a Igrexa empezou a servirse da Inquisición para combater as herexías e, despois da Reforma, continuou denunciando as doutrinas que consideraba heréticas. Co desenvolvemento do ecumenismo, a Igrexa Católica eliminou a cualificación de heréticas para referirse ás igrexas reformadas.
-
s
f
Opinión enfrontada aos principios dunha ciencia ou arte.
Ex: Dixo moitas herexías sobre física cuántica.
-
s
f
Inxuria ou blasfemia feita contra algo ou alguén.