herpes
-
s
m
[PAT]
Inflamación da pel causada por un virus de ADN do grupo Herpesvirus, integrada por moitas bochas transparentes que, ao secar, forman unha carapola. É a máis frecuente das infeccións cutáneas virais. O herpes simple ou labial, chamado popularmente pansa, herpes zóster ou zona, é imputable ao mesmo virus ca a varicela e produce unha erupción cutánea que segue o traxecto do tronco nervioso, que corresponde ao ganglio invadido. O herpes xenital é quizais a enfermidade de transmisión sexual máis contaxiosa e que afecta a unha porcentaxe importante dos adultos sexualmente activos. Cando despois dun período de latencia o herpes volve manifestarse, episodicamente ou moi frecuentemente, chámase herpes reincidente.
-
s
m
[PAT]
Nome que se aplica a diversas dermatoses, especialmente ao eccema papuloso ou eccema crónico circunscrito.