Herri Batasuna

Herri Batasuna
Nome científico: [HB]

Coalición política vasca constituída a partir da denominada Mesa de Alsasua, coalición electoral formada en 1978 polos partidos nacionalistas Asociación Nacionalista Vasca (ANV), Euskal Socialista Biltzarrea (ESB), Partido Socialista Revolucionario Popular (Hasi) e Partido de los Trabajadores Patriotas (Laia). O seu programa electoral baseábase na alternativa KAS (Koordinadora Abertzale Sozialista), que reclamaba a autodeterminación e a unificación con Navarra. Acadou escanos en todas as convocatorias electorais e en Euskadi constituíuse como a terceira forza política. Tralas eleccións de 1996, a coalición foi acusada de colaboración con ETA a consecuencia da emisión dun video electoral elaborado pola banda terrorista, e os membros da Mesa Nacional foron xulgados e condenados a prisión. En 1998 integrouse na coalición Euskal Herritarrok e en 2001 reapareceu como Batasuna, pero en 2003 o Tribunal Supremo ilegalizou as tres formacións, que estaban recollidas na lista de organizacións terroristas elaborada por EE UU.