Hervás

Hervás
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae por armas escudo mantelado: primeiro, en campo de ouro, cunha árbore, de sinople, arrincada, e dous lobos ao natural empinados ao tronco; segundo, en campo de azul, cun león rampante, de prata; o mantel, de prata, cunha cruz de Calatrava floreteada, de goles. Outra variante leva, en campo de ouro, un carballo arrincado, de sinople.