Hessen
Hessen
Land de Alemaña, ao L do Macizo Xistoso Renano (21.114 km2; 6.086.000 h [estim 2001]). A súa capital é Wiesbaden. Ao pé dos macizos volcánicos de Rhön e Vogelsberg esténdese unha rexión de altiplanos e outeiros moi fracturada, drenada polo Rin e os seus afluentes. O SO é unha área agrícola moi produtiva. No curso inferior do Main localízase unha das principais rexións industriais de Alemaña, centrada en Frankfurt e Wiesbaden, onde se fabrican automóbiles, maquinaria, produtos químicos, material eléctrico e de precisión, instrumentos científicos e técnicos.