heterocíclico -ca
heterocíclico -ca
(< hetero- + cíclico)
-
adx
[QUÍM]
Aplícase aos compostos cíclicos que conteñen, nun ou máis dos seus aneis, un heteroátomo. Son compostos heterocíclicos a maioría dos alcaloides, dos pigmentos e colorantes naturais, dos ácidos nucleicos e algúns antibióticos.
-
adx
[BOT]
Aplícase á flor que presenta algún verticilo cun número distinto de elementos ao que teñen os demais.