heterofonía

heterofonía

(< hetero- + -fonía)

  1. s f [MÚS]
    1. Harmonía entre dous sons, na música grega clásica, que viña a ser unha polifonía embrionaria que podía ser instrumental ou vocal.

    2. Grupo de sons discordantes.

  2. s f [PAT]

    Alteración ou anormalidade na voz ou na fonación.