heterosexual

heterosexual

(< hetero- + sexual)

  1. adx e s

    Que ou quen sente atracción sexual cara a individuos do sexo oposto.

    Confrontacións: bisexual, homosexual.
  2. adx

    Que é propio do individuo que sente atracción cara a individuos do sexo oposto. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].