hexagrama

hexagrama

(< hexa- + -grama)

  1. s m [MAT]

    Figura plana que resulta da superposición de dous triángulos equiláteros, un dos que xira 60° ao redor do centro común. A estrela de David é un hexagrama.

  2. s m [MAT]

    Figura formada por seis rectas.

  3. hexagrama místico [MAT]

    Hexágono inscrito nunha cónica e, máis exactamente, o hexágono que resulta de atopar os puntos de intersección dos seus lados opostos (teorema de Pascal). OBS: A grafía <x> representa o son [ks].