hexámetro

hexámetro

(

s m [LIT]

erso grecolatino que consta de seis pés, cinco dáctilos mais un troqueo ou un espondeo. Metro tradicional da epopea grega e romana, usouse tamén na poesía relixiosa (oráculos e himnos), na didascálica e na elexíaca. Está constituído por unha serie de seis pés ou compases de dous tempos: un forte seguido dun feble. Os dous tempos son cuantitativamente iguais pero así como o primeiro ten que ser unha sílaba longa, o feble pode estar formado por unha longa (espondeo) ou dúas breves (dáctilo). O quinto pé está sempre formado por unha longa e dúas breves, e o sexto ou final é sempre de dúas sílabas (sendo sempre indiferente a cantidade da última). Nun verso recitativo, e a medida que foi empregado, de Homero a Nonnos, adoptou uns esquemas máis ríxidos. Segundo a disposición dos espondeos respecto dos dáctilos, escribíronse diversos tipos de hexámetros (espondaicos, periódicos, sáficos, homodactílicos e holospondaicos) e, tratándose duns versos longos, levaban cesuras ou pausas. En Roma Ennio introduciu esta forma métrica pero con prevalencia dos espondeos, utilizado   por Lucilio, Lucrecio e Virxilio. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].