Hezbolá

Hezbolá

Organización político-militar xiíta libanesa, creada en 1982 a raíz dunha escisión do partido Amal con ocasión da invasión israelí do S do Líbano. De ideoloxía paneslamista, concentrou a súa estratexia na expulsión das forzas israelís do S do Líbano, a redución de Xerusalén a territorio exclusivamente árabe e o establecemento dunha república islámica.

Palabras veciñas

Heym, Stefan | Heyrovský, Jaroslav | Heyse, Paul von | Hezbolá | Hf | hg | Hg