hiato
(
-
s
m
[ANAT]
Nome dalgúns aneis, buratos ou fisuras do corpo, dos que os máis importantes son o aórtico, no diafragma, polo paso da aorta, o de Fallopio, no óso petroso, pola rama petrosa do nervio vidiano e o de Winslow, comunicación da gran cavidade peritonenal coa cavidade posterior epiploica.
-
s
m
[LING]
Unión de dous fonemas vocálicos en que ningún deles perdeu a súa autonomía e se mantén como núcleo silábico. Isto acontece por ser os dous fonemas vocálicos de abertura media ou máxima (balea, vao) ou ben por un deles ser un fonema pechado /i/, /u/ tónicos (baúl, país). En ocasións o encontro entre dous fonemas vocálicos pechados /i/, /u/ pode ser tamén hiato, marcado graficamente cun acento cando vai inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona; esta circunstancia dáse cando o segundo elemento desta secuencia vocálica é tónico (muíño, viúvo, prexuízo, xesuíta), mais se o encontro de /u/ átono e /i/ tónico vai precedido dos fonemas /k/ ou /g/, téndese a manter o ditongo (acuífero, lingüista, bilingüismo). As secuencias iu, ui en que o acento prosódico non recae en ningún dos seus membros ofrecen maís problemas. Case sempre se dan en palabras derivadas que proceden dunha primitiva que si presenta hiato (miúdo > miudeza, viúvo > viuvez); neste caso, o máis xeral é realizalas como hiatos, aínda que a súa realización, ou ben como hiato ou ben como ditongo, vai depender de cada acto de fala concreto e/ou de hábitos articulatorios individuais.
-
s
m
[XEOL]
Interrupción da sedimentación.