Hidalgo
Hidalgo
-
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que tiñan esta consideración social. Trátase da forma castelanizada correspondente ao apelido galego Fidalgo, que ten a súa orixe etimolóxica no galego medieval filho d’algo.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, unha estrela de ouro, de oito puntas. Outra variante ostenta, en campo de azul, unha estrela de ouro, de oito puntas; bordo de goles, con dez cabezas de mouros da súa cor, con turbantes de prata. Outros levan, en campo de azul, un león rampante de ouro; bordo de goles, con catro castelos de ouro, un en cadanseu cantón do escudo, e catro aspas, do mesmo metal, unha no centro do xefe, unha en cada flanco e unha en punta.