hidrácido

hidrácido
s m [QUÍM]

Nome xenérico dos ácidos de Brønsted que non teñen os protóns enlazados por medio de átomos de osíxeno. Son o resultado da combinación dos elementos máis electronegativos co hidróxeno. Producen hidrácidos os halóxenos, o xofre, o selenio e o telurio. Denomínanse mediante o sufixo -hídrico.

Palabras veciñas

Hidra femia | Hidra macho | hidracida | hidrácido | hidragogo -ga | hidramnio | hidrario