hidropólipo

hidropólipo

(< hidro- + pólipo)

s m [ANIMAL]

Forma de hidrozoo cnidario con cavidade gastrovascular sen tabiques. Esta forma alterna coa forma de hidromedusa, aínda que hai especies de hidrozoos que só se presentan en forma de pólipo. Normalmente habitan os fondos mariños ou as aguas continentais.