hidrorrefinado

hidrorrefinado

(

s m [IND]

Proceso de refinado de gasolina de destilación directa a gasolina de cracking pola acción do hidróxeno. Trátase dunha hidroxenación non destrutiva, realizada a temperaturas baixas. Con este tratamento conséguese que as olefinas se transformen en parafinas, máis estables, e se diminúa considerablemente o contido de xofre e de nitróxeno, aumentando desta forma a susceptibilidade para os antidetonantes. Este proceso é catalizado por óxidos de cobalto e molibdeno.

Palabras veciñas

hidróptero | hidroquinona | hidrorreactor | hidrorrefinado | hidrorromeíta | hidrosadenite | hidroscopia