higrómetro

higrómetro

(

s m [METROL]

Aparato para medir a humidade atmosférica. O higrómetro de condensación está constituído por unha cápsula metálica cunha cara perfectamente brunida, de maneira que ao facer arrefriar a cápsula chégase ao punto de condensación a partir do que se pode deducir a humidade. O higrómetro de absorción baséase na propiedade de certos materiais de alongarse ou de acurtarse segundo a humidade.