Hijos de Rivera SA

Hijos de Rivera SA

Empresa cervexeira fundada en 1906 por José María Rivera. Corral a partir dunha pequena empresa de cervexa e xeo situada no barrio de Catro Camiños (A Coruña). De carácter familiar e cun capital 100% nacional, levou a cabo unha política empresarial de diversificación de produtos xunto cun forte desenvolvemento tecnolóxico, co que conseguiu ter delegacións nas principais cidades galegas, no resto de España e en Europa (Portugal, Países Baixos, Alemaña, Reino Unido, Francia, Bélxica, Andorra, Suecia, Suíza) e América (EE UU, Brasil, México e Uruguay). De vocación galega, o lúpulo empregado na elaboración das cervexas cultívase en Galicia. Posúe un sistema de distribución que combina os medios propios cun sistema de concesionarios. O seu produto máis relevante é a Estrella Galicia, unha cervexa cun sabor lixeiramente amargo produto do lúpulo utilizado. Tamén comercializou as cervexas 1906, de maior corpo ca anterior, HR que é tipo Pilsen e River, que non leva alcohol.

Palabras veciñas

Hiiraan | Híjar | Hijo del Trabajo, El | Hijos de Rivera SA | Hijosa Rodríguez, Jerónimo | Hikone | hilarante