Hilda
Hilda
[ONOM]
Antropónimo feminino de orixe xermánica formado co elemento *hiltja- ou *hildi ‘batalla’, que logo pasaría ao antigo inglés como Hild. Tamén se considera forma abreviada ou hipocorística doutros nomes compostos de orixe xermánica, coma Hildegunda, Hildegarda ou Brunilda, Clotilde, Matilde. Presenta as variantes Ilda e Elda. Na mitoloxía escandinava, Hilda era o nome dunha das valquirias, que protexían os guerreiros e que, seguindo as ordes do seu pai Odin, elixían os mortos en combate para levarllos ao Walhala. Santa Hilda (614-680), princesa de Nortumbria-Inglaterra e fundadora do mosteiro de Whitby, celébrase o 17 de novembro.