hilo

hilo

(< lat hilu)

  1. s m [ANAT]

    Fisura ou depresión dun órgano parenquimático, especialmente o bazo, os pulmóns, os riles e os ovarios, por onde entra ou sae o paquete vásculo-nervioso.

  2. s m [BOT]

    Marca areolada do episperma da semente deixada polo funículo no lugar onde se insería co primordio seminal.