himno
(< lat hymnu < gr ὕμνος)
-
s
m
[LIT/MÚS]
Composición poética, normalmente cantada, para invocar e loar a divindade en actos culturais. Na Ilíada xa aparecen himnos nalgunhas das partes máis significativas en fragmentos narrativos. O verso máis empregado na súa composición foi o hexámetro. Na Antigüidade clásica, a carón do himno ritual desenvolveuse tamén o exclusivamente literario, como no caso de Horacio. Os libros bíblicos posúen unha serie de composicións poéticas, ademais dos salmos, que se denominan himnos ou cánticos. A súa produción foi moi fecunda na rexión de Siria, tal e como se reflicte nalgunhas composicións de santo Efrén. No s VI difundiuse na Igrexa grega o xénero denominado kontakion e no s VII o canon. Na Igrexa latina introduciuno probablemente Hilario de Poitiers, mentres que Ambrosio de Milán foi o compositor máis destacado. O seu uso foi menor na liturxia latina ca nas orientais, aínda que o culto protestante deulle un novo relevo.
-
[MÚS]
-
s
m
Composición que exalta accións e ideais do individuo, dun pobo, dunha comunidade ou mesmo dun partido.
-
himno nacional
Himno que simboliza unha nación ou un Estado. Nos ss XVIII e XIX, co nacemento das nacionalidades, moitos cantos patrióticos adquiriron esta categoría.
-
s
m